MÚSICA

Escoita a miña música

A miña música é unha viaxe polas melodías galegas. En cada canción procuro conectar coas emocións profundas que a música tradicional pode evocar. Espero que as miñas pezas vos fagan sentir as raíces de Galicia.

O meu primeiro álbum en solitário: MENS

Este EP combina baixo, voz e pandeireta fundamentalmente,
mantendo a autenticidade sonora da tradición oral que inspirou o
proxecto. Mens non é un disco comercial normal: foi concebido como
un tributo e xesto de gratitude ás Velliñas de Mens — ás
pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños) recoñecidas no Día
das Letras Galegas 2025.
A artista non busca sosfisticación tecnolóxica senón conservar a
realidade da tradición que lle transmitiron estas mulleres.
Este traballo xorde no contexto dun ano especial: 2025 foi dedicado
pola Real Academia Galega ás cantareiras e pandeireteiras, mulleres
que, con pouca ou ningunha formación académica, manteñen viva a
tradición oral galega. As pandeireteiras de Mens (tamén chamadas As
Velliñas de Mens) foron un grupo importante de mulleres labregas
que non só transmitiron coplas e pezas tradicionais na aldea, senón
que tamén, nos anos 1970 e 1980, viaxaron e actuaron por Europa e
América co seu folclore.
Que podes esperar escoitando este EP?
Intimidade sonora: enfoque en voz e pandeireta, sen arranxos
electrónicos ou pop-folklóricos excesivos.
Tradición viva: o repertorio basease en melodías e pezas recollidas do
repertorio das propias pandeireteiras de Mens.
Emoción e identidade: preténdese transmitir non só música, senón
historia, memoria colectiva e identidade cultural galega.

CONCERTOS

Concierto 1

25 de abril (hora a determinar)

Concierto 2

MARTES DE 20:00 A 21:30

Concierto 3

XOVES DE 16:00 A 18:00

Concierto 4

XOVES DE 19 A 21:30