OS MEUS LIBROS
HISTORIAS QUE PRESERVAN A MEMORIA DA NOSA TERRA
As miñas publicación son unha invitación a descubrir a riqueza
cultural galega a través de relatos e ensaios inspirados na nosa
tradición. En cada libro, rindo homenaxe ás voces e vivencias que
deron forma á identidad do noso pobo.
Begoña Camaño
NEREA GÓMEZ;ICÍA VARELA;XOSÉ MANUEL VARELA
Unha ollada esencial á figura de Begoña Caamaño. Libro ilustrado que recolle a súa traxectoria como persoa, escritora e xornalista, o seu compromiso feminista e a súa achega á literatura galega coa revisión dos mitos clásicos desde unha mirada crítica e contemporánea.
PANDEIRETEIRAS
NEREA GÓMEZ;ICÍA VARELA;XOSÉ MANUEL VARELA
Pandeireteiras convídanos a un percorrido esencial pola traxectoria biográfica e artística das cantareiras que protagonizan as Letras Galegas de 2025. Representantes contemporáneas daquelas mulleres que inspiran a Rosaía de Castro á hora de escribir Cantares Gallegos, obra fundacional do Rexurdimento literario galego no século XIX.
Mulleres que nos albores do último cuarto de século XX marcaron novos camiños para a música popular galega. Voces cuxo legado está moi vivo aínda nos espectáculos de artistas e agrupacións do século XXI.
O grilo Millelo
ICÍA VARELA;XOSÉ MANUEL VARELA
Nesta historia, un grilo moi cantareiro comproba un día que non é quen de cantar, porque das súas ás non sae cric, cric ningún, e busca axuda entre os seus compañeiros do mundo natural. A abella empréstalle a dozura do seu mel, a vaca o seu leite e a bolboreta a alegría das súas cores. Tamén colaboran a xoaniña, a cabra, o saltón, a ovella, a galiña e o cabalo, mais a boa intención dos seus compañeiros non fai cantar ao grilo. Pero vai haber solución, e o grilo volverá cantar.
